Ribadeo era para o peregrino o primeiro punto do seu itinerario
galaico ata Compostela
Os peregrinos deixaban Ribadeo hacia Mondoñedo e abandonaban
definitivamente o seu contacto có mar, internábanse
por Obe ata a Nosa Sra. da Ponte, na parrquia de Arante, onde
o canónigo mindoniense Juan Marqués empregou os
seus bens, no século XVI, na creación dun hospital
de peregrinos
O camiño atravesa unha arboreda e entra no Concello
de Barreiros, dende o alto divísase un terreo abundante
en pastos e gandos, un pequeno val surcad polo río Porto
Bragán; ós nosos pés a parroquía
de Vilamartín Pequeno e na outra ladeira Vilamartín
Grande, barrio que pertence a parroquia de San Xulían
de Cabarcos, ó fondo Fornea, do Concello de Trabada
En Vilamartín Pequeno visitamos a Igrexa Parroquial,
na horna de San Xoán Degolado
Os peregrinos cruzán o río, suben unha empinanda
costa que conduce a Vilamartín Grande, a nosa esquerda
a Capela do Carme, pertenceu a unha fundación, sendo
arranxada polos veciños en 1995. No interior, na parede
lateral esquerda, nunha lápida hay a seguinte inscripción:
"Esta ermita está fundada en una aniversario Santísimo
de una misa cantada con responso y cuatro rezadas en cada día
de las festividades de Nuestra Señora de la Merced y
del Carmen de cada año a ocho reales de limosna por las
cantadas y a tres las rezadas paso la escritura de dotación
ante Bernabé de Miranda. Notario en 29 de 7 de diciembre
de 1692, años". No altar na parte centra está
a Virxe do Carme, patrona, cuia festividade celébrase
o 16 de xullo; a ambolos dous lados dúas virxes, do barroco
galego, de 1692; na de menor tamaño pode lerse: "Nosa
Sra. de las Angutias de las Beatas Marías". É
de destacar un cáliz e patena, en cuia base dí:
"D. Salvador Menéndez, año 1962"
|
Á dereita do camiño atópase o teleclbu
e a escola, pechada co gallo da coenctración escolar,
na mesma situación atoparemos as de Gondán e SAn
Xusto.
Seguindo o camiño, antes de baixar a Gondán,
o alto de Vilamrtín Grande, pode servir ó peregrino
de miardor, dende onde se divisa unha prespectiva do Val de
Cabarcos, formado por San Xulián e San Xusto. Plinio
afirmaba que os antigos "cibarcos" eran cidadáns
dunha república no convento xurídico lucense do
tempo dos romanos. Podemos deixar establecido que os cibarcos
extendíanse dende a desembocadura do Masma, en Foz, á
do Eo en Ribadeo.
Madoz e Vicetto supoñen que foron os primeiros moradores
desta terra de Cabarcos
De creer ó P. Florez, o documento máis antigo
que se coñece en España refírese a este
Concello. É unha doazón do ano 775 feita polo
rei Don Silo a varios monxes, a instancias do abade Esperanta,
de sitio e predios, situados entre o río Eo e o Masma,
para edificar un mosteiro
O nome de Cibarcos conservase a través da Idade Media,
sen máis variación que cambio do "i"
en "a", aparecendo xa nos primeiros séculos
da Reconquista, á que alcanzan as máis auténticas
noticias, tal como a confirmación que Ordoño II
otorgou no 916 á Igrexa de León, das igrexas que
foron doadas entre o Eo e o Masma, onde figura as de Sancti
Justi de Cabarcos e Sancti Julliani de Giliari
No ano 1406 López Díaz de Teijeiro doaba ó
bispo de Mondoñedo a terraría de Cabarcos; os
seus escudos aparecen citados nun documento do Mosteiro de Lourenzá,
que leva a data de 1448
Deberon vivir aquí numerosas familias de recoñecida
nobleza e fidalguía
Pedro Pardo de Cabarcos, sobriño do
|
Marical Pardo de Cela, donod de Grandes terreos deste val,
terreos que vendeu en 2.000 maravedís para axudar ós
Reis Católicos na toma de Granada
Non consta que a vida nestas terras fora nunca accidentada.
Pacífica e sosegadamente labouran estas naturais consagradas
ó traballo agrícola e manual, chegando un e outro,
a finais do século XVIII a acadar cifras dalgunha importancia.
Así por exemplo, en 1787 existían no Concello
de Cabarcos 21 telares, 504 arrobas de viño...
O Concello estaba formado por S. Xulián de Cabarcos,
S. Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequno, estando a capitalidade
no primeiro
En Gondán (S. Xulian de Cabarcos) atopamos unha pequena
capela na honra da Virxe do Pilar, coas imaxes da Virxe e de
Santiago Apóstolo; ó lado unha fonte onde o peregrino
pode sacia-la sede, fonte de Cimadevila
Camiñamos en descenso ata a parroquia de S. Xusto de
Cabarcos, cruzando o rio Puxigo, deixámo-la estrada asfaltada
collendo unha pista ata Igrexa. Atopamos un cruceiro, en recordo
da capelo do Bo Suceso, destruída en 1984; dita imaxe,
xunto coas de S. Sebastián e S. Roque peregrino atoparémolas
metros máis arriba na Igrexa; dita Igrexa chama a atención
pola súa situación, na parte alta, como si estivera
vixiando o val e esperando a chegada do peregrino. En 1993 foi
arranxada, sendo párrodo D. Santiago Riguera Díaz.
Data de antes do ano 900, con planta de cruz latina. Destaca
o retábulo barroco de 1753, a súa imaxinería
como O Apóstolo Santiago Peregrino, S. Xusto e S .Pastor,
patróns da parroquia; entre outros é de admirar
o púlpito e dous confesionarios obra do artista local
Santiago Candia (1916), autor tamén do retábulo
da Virxe das Dores
más informacion
>>
|