RUTA DE CORNERIA

KILÓMETROS DE PERCORRIDO: 9'2

ÉPOCA IDEAL:
En Primavera e verán por tratarse de pistas forestais; día sen néboas pola excelente panorámica. Percorrido ideal para facer en bicicleta de montaña e a pé

SITUACIÓN:
Na parroquia de Celeiro de Mariñaos.
Punto de partida na Igrexa Parroquial
Cornería, situada a 437 m. Excelente mirador, pode verse "a rasa cantábrica"; ós nosos pés Celeiro co río Masma, Vilaronte (Foz) e A Cazolga (Lourenzá)

Saímos da Igrexa Parroquial de Santa Cristina, N-634, cruzámo la Ponte do Barral, sobre o río Masma, troiteiro e salmoneiro; no Barral (barrio agricola e gandeiro) collemos a dereita, á esquerda transcorre a Ruta do Río Masma, deixámo-lo asfalto para colle-la pista forestal en continuo ascenso ata os 437 m.; atopamos O Rego Mariño e nun cruce desviámonos á dereita que nos leva ata o pico de Cornería, cós repetidores de TVG e TVE. Excelente panorámica ós nosos pés: a rasa cantábrica, coa Ría de Foz, Celeiro de Mariñaos surcada polo río Masma, Vilaronte (Foz) e A Cazolga (Lourenzá)

A tradición dí que Cornería esconde un tesouro clave na historia da Galicia norteña, un cofre añorado pola lenda, que nalgunha parte da montaña garda o gran diamante azul de Maeloc, o líder bretón que un bo día conduxo ás súas xentes fuxindo dos normandos

A LENDA:

"A historia de Maeloc, o líder das xentes bretoñas que fuxindo das invasións anglosaxonas refuxáronse na actual Bretaña francesa e no norte de A Mariña, en donde fundaron unha cidade chamada Britonia, ¿será o actual Bretoña?, ubicada nun sector apartado do oriente galelo
Conta a lenda que á morte de Maeloc, a enorme "pedra preciosa" á que atribuén virtudes "todopoderosas" foi enterrada a bastante profundidade, no interior dun baúl de ouro macizo, que probablemente contiña outros valores da época. O motivo deste emprazamento sería dado pola posición estratéxica da montaña ó selo promontorio máis elevado que divisaban os bretóns ó chegar as costas galegas.
"

DIFICULTADE:Baixa. Excepto unha pequena subida nos primeiros metros é completamente

VEXETACIÓN: 1ª parte (O Barral) e fin do percorrido (Rexa) pradeiras e terras de cultivo, despois piñeiros e ecualiptos

FAUNA: Corzo, raposo, xabarín, pombo...