Partímos da Casa do Concello,
situada na estrada N-634 (Santiago-S.Sebastián), a poucos
metros collemos a estrada das praias; despois de cruzar a ponte
sobre a vía do FEVE (Ferrol-Xixón) dirixímonos
á Igrexa Parroquial de S. Cosme, no barrio de Áspera.
De volta á estrada da praia en Viladaíde podemos
observar un cruceiro, pombais e cabozos de diversos tipos. Diexando
dito barrio chegamos ás praias, sendo a primeira a de Alta
(nome que lle ven por existir unha pequena illa, onde na antiguidade
se facían sacrifios ós deuses), vamos ata a ría,
rica en chícaros (Berberechos), ameixas..., no outro lado
Foz, pobo mariñeiro e turistico. Afastando as praias de
Altar e a de San Bartolo atopamos o castro de S. Bartolo, e na
mesma praia unha fonte ferruxinosa, hoxe |
en estado de abandono, todo isto presidido pola capela do mesmo
nome, onde tódolos 24 de agosto se celebra a festa e
romaría na súa honra.
A continuación a praia de Remior, onde se atopaba o
complexo de Caixa Galicia, o camping da Gaivota, situado na
parroquia de S. Pedro de Benquerencia, seguindo coas praias
de Coto, Valea, Fontela (aparece un castro), Lóngara
(onde se practica surfing), A Pasada, na parroquia de S. Miguel
de Reinante; aquí deixamos a estrada asfaltada para dirixirnos
ó castro de S. Miguel e volver a dita estrada na praia
de Arealonga, en Santiago de Reinante, recentemente arranxada
cun paseo marítimo e zona de descanso, co camping A Nosa
Casa
|
COMO CHEGAR:
S. Cosme de Barreiros dista 90 Kilómetros da capital
provincial, Lugo. Situada na estrada N-634 (Santiago-S.Sebastián).
Transporte público en autobús diario a Lugo e
Coruña, a liña do FEVE (Ferrol-Xixón)
XANTAR:
Restaurantes: Moby Dick; A Ribeira, Oliñas do Mar, Sol
do Mar, Agarimo, Yenka, Lóngara, A Nosa Casa
CAMPINGS
Gaivota, Benquerencia,
|